O luns día 8 de xaneiro presentouse en A Coruña na sala Marilyn Monroe do Forum Metropolitano o documental titulado "Con Etiqueta" dirixido por Adriana Pérez Villanueva e producido por Manuel Torres Cubeiro.
O documental é un traballo de varios anos que recolle as voces de persoas diagnosticadas dunha doenza mental, das súas familias e dos profesionais que traballan no proceso de rehabilitación. Este documental de 62 mins de duración achéganos outro punto de vista sobre a doenza mental, tratando de romper coas etiquetas e o estigma que arrastran estas persoas.
Este traballo audiovisual seguirá a presentarse por diferentes puntos de Galicia ó longo deste mes.
Animo a tódolos lectores a que se acheguen a velo, que non só sexan as familias, as asociacións e os afectados os que acudan a este tipo de eventos, senón que chegue ó máximo de xente posible.
ROMPAMOS AS ETIQUETAS!!!!!
Podedes atopar o trailer na seguiente ligazón:
http://www.acreba.org/dir/index.php/videos-de-a-creba/3-con-etiqueta-cortometraje
No hay comentarios:
Publicar un comentario